Cargando resultados...
Comeza a 1ª Federación máis galega cun Castela-Lugo, ofrecido pola G2
Iago Iglesias: "Queremos que o equipo este preparado para a 1ª xornada. Imos coas ideas claras"
G24.gal
28/08/2025 13:24
Última actualización 28/08/2025 16:13
Mañá venres comeza a liga de 1ª Federación. Pola G2, ás 19:15 horas, verán o Real Madrid Castela-Lugo. Así comeza a campaña o cadro lucense. Co proxecto encabezado por Iago Iglesias.
"Levamos 6, 7 semanas convivindo xuntos e non temos o nivel que esperamos acadar".
"Queremos que o equipo este preparado para a 1ª xornada. Imos coas ideas claras".
O resto de partidos con participación galega serán: Pontevedra-Cacereño, Zamora-Celta Fortuna, Rácing de Ferrol-Talavera, Arenas-Arenteiro e Ourense C. F.-Athletic B.