Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a época de catarros e gripe

Comeza a época de catarros e gripe

Centros de saúde e farmacias comezan a notar os primeiros casos de infeccións leves 

A mellor prevención é o uso da máscara en sitios pechados

A baixada das temperauras propicia a aparición dos primeiros casos de catarro
G24.gal 02/11/2021 14:14

Hai mes e medio que lle demos a benvida ao outono. Con todo, foi nos últimos días cando se fixo notar máis a súa presenza, non só polo cambio de tempo, senón tamén, na aparición dos primeiros catarros da temporada.

Unha situación propiciada pola baixada de temperaturas e o alivio das medidas de restricións pola covid. 

Precisamente, nos centros de saúde e tamén nas farmacias comezan a notar os primeiros casos de infeccións respiratorias leves e catarros. Explica o farmacéutico Ignacio Labella que dende hai unhas dúas semanas levan atendendo xente con esta sintomatoloxía.

Co mal tempo xuntámonos máis en sitios pechados e isto fai que aumenten os casos. Por iso, o uso da máscara en interiores é fundamental para evitar a propagación non só da covid, senón que tamén da gripe. Para os expertos o seu uso é a mellor ferramenta de prevención.

No caso de notar xa os síntomas, hai medicamentos que poden paliar as manifestacións de mucosidade ou tose, sempre baixo a prescrición dun especialista. E logo tamén están os remedios das avoas, como tomar sopa ou caldo, beber moita auga ou o leite con mel.  

Iso si, no que coinciden expertos e os nosos maiores é que tanto os catarros como as gripes precisan descanso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos