Publicador de contidos

Comesaña espera que en xaneiro todos os maiores de 65 teñan a terceira dose

Comesaña espera que en xaneiro todos os maiores de 65 teñan a terceira dose

 

 

G24.gal 31/10/2021 17:56

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, calcula completar en xaneiro a terceira dose da vacina da covid para os maiores de 65 anos.

O Sergas comezará a vacinar os de 70 a 79 a mediados de novembro. Asemade os que puxeron a de Janssen recibirá a segunda dose programada.

Comesaña estima que sobre a primeira quincena de decembro concluirá a administración da terceira dose aos maiores de 70 anos. Espera tamén que antes de que remate xaneiro todos os galegos de máis de 65 anos teñan posto tamén ese reforzo.

Avanzouno este domingo nunhas declaracións na Cadena Ser, pero evitou pronunciarse sobre a posibilidade de dispensar esta terceira dose de recordo de xeito masivo.

O Sergas está agora poñendo ese reforzo, canda a vacina antigripal, aos maiores de 80 anos que cumpren cos 6 meses que deben de pasar desde a administración da anterior. A partir de aí aplicarase o calendario dos diferentes tramos de idade anunciados.

Ante as novas variantes como a delta plus, o responsable de Sanidade da Xunta manifestou que as vacinas parecen "ser efectivas contra elas"  pero alertou de que teñen maior transmisibilidade, e instou a manter a precaución malia a evolución favorable da situación epidemiolóxica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade