Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cobrar unha axuda por ir traballar en bicicleta

Cobrar unha axuda por ir traballar en bicicleta

Nalgúns países europeos pagan por aparcar o coche e ir traballar pedaleando

A bicicleta é o medio de transporte máis sostible

Sinal de carril bicicleta en Santiago
G24.gal 21/02/2023 14:45

Esta foi a única persoa que vimos esta mañá subida a unha bicicleta. Santiago non é unha das cidades onde máis se usa no día a día. Con todo, a idea de recibir unha axuda por aparcar o coche e ir traballar pedaleando gusta.

"Sería magnífico, porque a bicicleta non consome".

 "Paréceme necesario e pareceríame estupendo medidas para favorecer a mobilidade e iso, o uso da bicicleta".

Pero é necesaria unha axuda económica para fomentar o seu uso?

 "Non sería o que máis me incentivaría. Se polo meu traballo puidese ir en bicicleta, sen problema ningún".

"Home, eu non, porque traballo a trinta quilómetros, pero se traballara aquí en Santiago, si. Santiago non é a mellor cidade para andar en bicicleta, pero si que hai que apostar por ela".

"O que habería era que amañar o xeito de moverte en bicicleta".

 "Non, eu creo que perfectamente se podería facer, só hai que ter vontade de facelo, nada máis".

O que non son discutibles son os beneficios que achega.

 "Para empezar, saúde, porque fas exercicio".

"Non collerías tantos atascos, chegarías antes, non terías problemas para aparcar o coche".

"Diminuiriamos fumes e contaminación".

Os Países Baixos, o Reino Unido, Bélxica, Dinamarca, Alemaña e Francia contan xa con subvencións. Nalgúns casos son axudas directas por quilometraxe, pero na maioría son incentivos fiscais para os que elixen a bicicleta para ir traballar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade