Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez: xestor de futbolistas, de expectativas e de frustracións

Claudio Giráldez: xestor de futbolistas, de expectativas e de frustracións

Esta fin de semana enfróntanse o Celta B e o Real Madrid Castela, os dous equipos coa media de idade máis baixa do Grupo I da Primeira Federación

Claudio, formado no Real Madrid, fala da importancia do aspecto mental do xogador

G24.gal 27/10/2022 21:08

A media de idade do Celta B é de 21 anos. Só o Real Madrid Castela e o Barcelona B teñen vestiarios máis novos nos dous grupos da Primeira Federación. Adoitan ser futbolistas que dende cativos prometen moito. Como lle aconteceu no seu momento ao actual adestrador Claudio Giráldez, moitos anos no Real Madrid con Granero ou Parejo ata rozar o fútbol profesional.

O fútbol e a vida van veloces. Os novos xogadores precisan calma para manexar expectativas e frustracións. Nesta sociedade devorada polas redes sociais: "Vimos casos de futbolistas que fixeron comentarios en redes e perden oportunidades, que entran en guerras que non teñen que entrar" comenta Giráldez. 

Os adestradores coidan cada vez máis o aspecto mental do futbolista. O sábado, Celta B-Castela, os dous equipos coa menor media de idade da categoría. Raúl González, un adestrador; Claudio Giráldez, outro. Once anos de diferenza. Pero as voltas que dá a vida. O Claudio futbolista que prometía moito ten adestrado con aquel Real Madrid de Raúl.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar