Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez outórgalle todo o protagonismo ao equipo

Claudio Giráldez outórgalle todo o protagonismo ao equipo

Damián entra na lista pola baixa de Luca de la Torre

O técnico móstrase tranquilo e quere un Celta protagonista co balón

G24.gal 16/03/2024 13:38

Claudio Giráldez compareceu ante os medios na súa primeira conferencia de prensa prepartido como adestrador do primeiro equipo. O técnico porriñés mostrouse tranquilo e falou sobre o vestiario e as novidades que achegará o novo corpo técnico.

Sobre o foco no que se debe centrar a atención:

"Non son o protagonista disto, son os xogadores. Penso que non son o foco do partido".

Sobre a relación co vestiario e a diferenza de idade media:

"Non hai tanta diferenza como a xente quere ver entre un vestiario e outro (Fortuna e primeiro equipo)".

Deu pinceladas de como será o equipo:

"Buscamos dominar os partidos dende o balón. Ser capaces de ser agresivos, de ser valentes, de non ter medo a deixar metros ás nosas costas. Non ter medo a ter o balón no pé".

Situación clasificatoria:

"É unha situación non esperada pero boa. Estamos en disposición de facer as cousas ben e queremos transmitirlle a todo o entorno que temos esa ambición, coa responsabilidade que leva o posto que ocupamos e a situación en que estamos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos