Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez incorpora máis canteiráns ao traballo do primeiro equipo

Claudio Giráldez incorpora máis canteiráns ao traballo do primeiro equipo

Yoel Lago, Pablo Durán, Miguel Román e Joel López traballaron baixo as ordes de Claudio Giráldez

Foto @RCCelta
G24.gal 20/03/2024 16:22 Última actualización 20/03/2024 16:27

Claudio Giráldez segue sumando futbolistas dos que ata o de agora dirixía no Fortuna aos adestramentos do primeiro equipo.

Nunhas datas en que lle faltan tres xogadores concentrados polas súas seleccións, á parte daqueles que se atopan recuperándose de lesións, o porriñés tira de filial para completar as sesións.

Despois da sesión de recuperación do luns e de descansar ao día seguinte, o equipo vigués  retomou este mércores o traballo e fíxoo con catro caras novas: Yoel Lago, Pablo Durán, Miguel Román e Joel López. Súmanse aos que estiveran xa a semana pasada, Javi Rodríguez, que non foi convocado para o partido do Sánchez Pizjuán, e os dous que tiveron minutos en Sevilla, Hugo Álvarez -como titular- e Damián Rodríguez -que debutou desde o banco-.

Ademais, continúan os fixos en dinámica: Hugo Sotelo, Carlos Domínguez e Coke Carrillo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade