Publicador de contidos

Publicador de contidos

Citan 2.260 veciños do Grove a un cribado pola escalada de positivos

Citan 2.260 veciños do Grove a un cribado pola escalada de positivos

Detectáronse 38 positivos en catorce días, 33 na última semana

G24.gal 27/11/2021 19:47

As autoridades sanitarias convocaron por SMS 2.260 veciños ao cribado do Grove. Todos de entre 60 e 79 anos.

O peneirado organizouse ante a escalada de positivos que se está a rexistrar no concello, con 38 casos diagnosticados nos últimos catorce días, o que con pouco máis de 10.500 veciños representa unha incidencia acumulada de 361 infectados por cen mil habitantes.

O cribado, que se desenvolve na Casa da Terceira Idade do Corgo en horario de mañá e tarde, continuará este domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos