Chus Mateo, novo seleccionador: "É un soño cumprido"
O novo seleccionador español toma a remuda do exitoso Sergio Scariolo, como fixo no seu día no banco do Real Madrid tras a era dourada de Pablo Laso

Chus Mateo afirmou durante a súa presentación como seleccionador masculino de baloncesto que asumir o cargo "é un soño cumprido" e que vai afrontar o reto "con valentía e ilusión" á vez que afirmou que ve "ganas de traballo e unidade", algo que lle ilusiona "moitísimo".
"Nunca sabes o que che vai pasar, nin na vida nin no deporte. E isto para min é un soño cumprido, aínda que nunca penses que poida suceder. A vida vén como vén e toca isto. Non se se é o mellor momento, pero é o que é. E vouno afrontar con determinación e valentía. Apaixóname o que fago e vou tratar de demostrar esa paixón que teño", dixo.
O novo seleccionador toma a remuda do exitoso Sergio Scariolo, como fixo no seu día no banco do Real Madrid tras a era dourada de Pablo Laso.
Mateo asina ata 2029, cando, un ano despois dos Xogos Olímpicos de Los Ángeles, España será sede do Eurobasket.