Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chon, a nadadora de Rianxo que vai a diario á piscina con 93 anos

Chon, a nadadora de Rianxo que vai a diario á piscina con 93 anos

Concepción Domínguez aprendeu a nadar aos 80 anos

Nada uns 45 minutos diarios na piscina municipal 

G24.gal 02/07/2022 14:13 Última actualización 02/07/2022 17:23

Véndoa meterse na piscina, ninguén diria que Chon ten a idade que ten.

“Boto tres cuartos de hora ou unha hora, agora, pero antes nadaba máis".

Ata que fixo os 80, Chon metíase na auga só cos pés. Dedicouse a mariscar pero nunca lle deu por aprender a nadar.

"Eu non sabía nadar. Temos a praia cerca, a praia das Cunchas, pero non fun nunca a bañarme, iamos mollar os pés, se lle cadraba, ou ao marisco, había moito berberecho".

A súa filla, cando cumpriu 80, regaloulle un abono á piscina municipal. Fixo un curso e en pouco tempo aprendeu a nadar. Gústalle sobre todo facelo de costas.

"Coa barriga cara arriba vou máis tranquila, máis descansada. Déitome na auga e é como se estivera na cama", asegura.

"Ela pouco a pouco cada día, día tras día, con chorro e con cinto, leva moitos anos nadando de xeito autónomo. Chega, entra e marcha, e faino moi ben”, explica José Manuel Rodríguez, monitor da piscina municipal de Rianxo.

Desde que aprendeu a nadar vai á piscina case a diario. Di que na auga non lle pesan os anos

"Eu non me canso, nunca paro aquí. Vou outra vez de volta".

En xuño cumpriu 93 anos, toda unha vida chea de saúde.

"Nunca tiven ningunha enfermidade. De neniña disque tiven un ano a tose ferina. Pensaron que ía morrer, pero non morrín".

 O luns volverase meter na auga, como leva facendo desde hai 13 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar