Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chiqui "Hai moitos equipos en poucos puntos. Se gañas, miras cara arriba"

Chiqui "Hai moitos equipos en poucos puntos. Se gañas, miras cara arriba"

O gran protagonista do derbi de Fragoselo pasou pola Radio Galega

G24.gal 20/02/2022 15:01

Foi un pesadelo para o Arousa no primeiro tempo, aínda que no descanso o resultado era de empate a cero.  E foi o autor do primeiro tanto coruxista, o que abría a lata. O nome propio do derbi galego da 2ª RFEF foi o de Chiqui, que pasou polos micrófonos do Galicia en Goles

"Veño facendo bos partidos, tendo confianza, e coa xente a favor é doado xogar. Sabiamos das súas debilidades e tentamos aproveitalas. Marchei enfadado ao descanso por non meter as dúas ocasións que tiven, por fortuna puiden marcar o primeiro do equipo"

Tras unha gran xeira de resultados o Coruxo está escapando da zona perigosa dos postos de descenso. Chiqui falou do momento do conxunto vigués.

"Estou moi a gusto en Vigo, coa familia. Traballo para o equipo, Ogallá poida axudar ao equipo co ascenso. Hai moitos equipos metidos na clasificación. Se gañar miras para arriba. O troco de adestrador foi importante"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade