Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chegaron a Madrid os refuxiados que dous mozos de Castroverde trouxeron de Ucraína

Chegaron a Madrid os refuxiados que dous mozos de Castroverde trouxeron de Ucraína

Xuntáronse coas súas familias residentes en España, pero o seu desexo é retornar a Ucraína o máis axiña posible

G24.gal 06/03/2022 20:45

O luns Héctor e Paulo colleron os coches e marcharon cara a Ucraína para axudar a chegar a España a calquera refuxiado que o precisase.

Na fronteira pedíronlles que trouxesen nove persoas: un menor coa súa nai residente na Coruña e outras dúas unidades familiares, unha formada pola nai e o fillo, e a outra composta por catro mulleres e dous pequenos.

Todos teñen familia vivindo en Madrid e para alí marcharon hoxe logo de pasaren a noite neste albergue de Castroverde, nunha aldea onde os veciños non daban feito para amosarlles a súa solidariedade.
Mediante un tradutor, falábannos de como está a situación en Ucraína.

O pouco español que saben aprendérono para dar as grazas.

Este mediodía na estación de autobuses de Lugo, todo foron apertas e o desexo compartido de volver xa a unha Ucraína en paz onde quedaron os seus homes, fillos e pais e todo canto teñen e aman.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade