Cargando resultados...
Chegan os descontos do Black Friday, ás portas da campaña de Nadal
1 de cada 4 consumidores aproveita as ofertas para adiantar as compras
G24.gal
21/11/2022 14:51
Semana do Black Friday. Chegan os primeiros descontos dunha campaña que abre as portas ao Nadal. As previsións apuntan a que 1 de cada 4 consumidores adiantarán as compras do Nadal aproveitando os descontos que van dun 20 ata un 40 % do prezo do produto.
Cada vez son máis os clientes que organizan as súas compras pensando xa no Nadal e aproveitan os descontos en roupa, calzado e complementos, e tamén en tecnoloxía.
As asociacións de consumidores recomendan facer un seguimento dos prezos porque ás veces non é desconto todo o que se publicita.
Os estudos apuntan a que un de cada catro consumidores adiantará compras de Nadal nesta semana.