Publicador de contidos

Publicador de contidos

Champions, Europa League, Ligas, Mundial de Clubs: o impresionante palmarés de Rafa Benítez

Champions, Europa League, Ligas, Mundial de Clubs: o impresionante palmarés de Rafa Benítez

Con experiencia na Premier, Serie A, Liga e no fútbol chinés, Rafa Benítez é un dos adestradores máis prestixiosos do mundo

G24.gal 20/06/2023 21:19

Rafa Benítez é o escollido. Entraba en poucas quinielas que o Celta buscase os servizos dun técnico coa súa traxectoria e palmarés. Benitez gañou unha Champions co Liverpool, unha FA Cup, gañou dúas ligas e a UEFA co Valencia, o Mundial de Clubs co Inter de Milán, a Europa League co Chelsea, a Copa de Italia co Nápoles ou ascendeu á Premier co Newcastle.

O Everton é o último equipo que adestrou Benítez hai ano e medio. E a última experiencia na liga foi o seu paso polo Real Madrid en 2015. Seis meses estivo o antecesor de Zidane.

Veremos como encaixa no Celta a súa disciplina táctica e en que medida disporá da canteira. Mouriño asegura que quere un proxecto sólido, cun tándem de prestixio na dirección deportiva.

Rafa Benítez regresa á liga con 63 anos e será o adestrador do Celta no ano do Centenario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade