Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cervi aproveita a Copa para petar na porta da titularidade

Cervi aproveita a Copa para petar na porta da titularidade

Dobrete do arxentino, o máis destacado na goleada por 0–5 ante o Ebro

Thiago Galhardo marchou mancado aos 25 minutos

G24.gal 30/11/2021 22:07

O Celta resolveu pola vía rápida a eliminatoria ante o modesto Ebro, da Segunda Federación, nun partido en que moitos non habituais tiveron a súa oportunidade. Un deles, Franco Cervi, foi o máis destacado do partido, liderou o equipo no aspecto ofensivo e redondeou a súa actuación con dous goles.

No primeiro tempo, o equipo de Coudet controlou desde o comezo o partido ante un rival ao que lle custaba pasar do centro do campo. Non houbo demasiadas ocasións, polo menos ata a lesión de Thiago Galhardo. Foi a peor nova do partido porque o brasileiro só aguantou 25 minutos no campo. A seguir chegou unha grande ocasión de Baeza e o gol do que acababa de entrar, Santi Mina. Xusto antes de chegar ao descanso, Solari marcaba un golazo e poñía un 0-2 moi tranquilizador. 

Ao pouco de principiar a segunda parte marcou Franco Cervi o 0–3 e o 0–4 nun abrir e cerrar de ollos. Cervi asinou o mellor partido desde a súa chegada ao Celta. A partir de aí Coudet aproveitou para facer trocos, dosificar minutos e pensar no partido de liga da vindeira xornada. No engadido José Fontán redondeou a goleada anotando o quinto gol 

José Fontán marcou o quinto gol na Romareda
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade