Publicador de contidos

Publicador de contidos

Centenario da morte de José Sellier, todo un pioneiro do cine galego

Centenario da morte de José Sellier, todo un pioneiro do cine galego

Moitos investigadores documentan que foi o autor do primeira película galega e española

Aínda que naceu en Lión, viviu case toda a súa vida en Galicia

Na semana do centenario da súa morte sucédense as homenaxes

G24.gal 24/11/2022 16:30

No centenario da súa morte, achegámonos á figura do cineasta José Sellier, todo un pioneiro do cine que ata hai pouco era un gran descoñecido a pesar de vivir case toda a súa vida en Galicia.

Logrou fitos históricos, e a súa figura merece unha posta en valor, como buscan demostrar os múltiples actos de homenaxe que se suceden durante esta semana.

José Sellier naceu en Lión pero viviu na Coruña desde moi pequeno. O seu irmán Luis era fotógrafo e acabou cedéndolle o seu estudo ao que lle deu máis sona. Non tardou en probar no emerxente mundo do cine e levou esta tecnoloxía a cidades como Ferrol, Santiago ou Vigo.

Rodou moitas pezas documentais cun valor incalculable pero tamén comezou cedo a súa andaina na ficción.

Moitos investigadores documentan que Sellier foi o autor da primeira película galega da historia e tamén de toda España.

Houbo outras pezas previas, pero levaban a sinatura dos irmáns Lumière, sempre producidas pola súa empresa, pero nunca baixo selo español.

Esta é unha semana chea de homenaxes ao artista, unha delas foi na Filmoteca de Galicia nun acto en colaboración coa Xunta en que participou o director xeral de cultura Anxo Lorenzo, entre outras personalidades do sector. 

O ano 2022 déixanos un dobre centenario: o do nacemento de María Casares na Coruña o mesmo día que falecía na cidade José Sellier, que está enterrado no cemiterio de Santo Amaro xunto ao seu irmán Luis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade