Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro comunidades autónomas permanecen en alerta laranxa por nevaradas ​

Catro comunidades autónomas permanecen en alerta laranxa por nevaradas ​

Uns 300 condutores víronse atrapados en distintos accidentes

G24.gal 23/11/2021 21:47

Así de bonitos amenceron os lagos de Covadonga coa primeira nevada da temporada, pero esa mesma neve converte nun perigo as estradas. Tanto que Soria, Logroño, Burgos e Guadalaxara están en alerta laranxa e a neve alcanza os 25 centímetros de espesor.

Uns 300 condutores víronse atrapados nos distintos accidentes, sen ferido ningún, que provocaron a acumulación de neve e as placas de xeo formadas na estrada nacional 122. Non eran poucos os que acudían gozar desta primeira neve. 

As nevaradas foron importantes tamén na cordilleira cantábrica, nos Pireneos e na serra de Madrid, con aviso amarelo que se repetiu en Cataluña e nas Baleares, pero aquí por treboadas, chuvia intensa e vento forte.

As inundacións sucedéronse en zonas como o delta do Ebro, na provincia de Tarragona en alerta laranxa por ventos de ata 80 km por hora.

As alertas non recollían Alacante, pero unha treboada de pedra espertou a cidade no medio da noite. Unha ducia de comunidades autónomas están total ou parcialmente en alerta por este primeiro temporal de inverno que, en principio, se prevé que vaia remitindo nas próximas horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos