Catorce puntos de vacinación da covid en hospitais públicos a partir do luns
Poderase acudir os luns e os mércores pola mañá e os venres todo o día
Os solicitantes poden ir con ou sen cita e a outro hospital distinto ao que lle corresponde

A Consellería de Sanidade actualiza os puntos e horarios de vacinación contra a covid a partir de mañá luns. Unha vez pechados os centros masivos, agora están nos principais hospitais públicos coma o Marítimo de Oza, na Coruña, o Arquitecto Marcide de Ferrol, o Clínico en Santiago, os hospitais de Lugo e Ourense e o Álvaro Cunqueiro de Vigo, entre outros. Son catorce puntos dispoñibles, os luns, mércores e venres, mañá ou tarde, aínda que hai variacións de días e horarios en función de cada hospital. Pódese ir con ou sen cita, e ao centro que corresponda por residencia ou a calquera outro