Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cataluña pedirá aval xudicial para volver ao toque de queda

Cataluña pedirá aval xudicial para volver ao toque de queda

O Govern quere tamén limitar as xuntanzas a 10 persoas

Unha terceira medida pasa polo peche do ocio nocturno 

G24.gal 20/12/2021 22:13

Cataluña pedirá aval xudicial para volver a aplicar o toque de queda, limitar as xuntanzas a 10 persoas, pechar o ocio nocturno e reducir a capacidades dos establecementos e negocios para frear o avance da variante ómicron.

Así o anunciaron a voceira do Govern, Patrícia Plaja, o conselleiro de Saúde, Josep Maria Argimon, e a secretaria de Saúde Pública, Carmen Cabezas, tras a xuntanza da Comisión delegada en materia da covid-19.

"Agora estamos peor ca o ano pasado a estas alturas", indicou Plaja, que recoñeceu que o avance da vacinación non está sendo suficiente para frear o virus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade