Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cataluña mide o gran momento dos equipos galegos da ACB

Cataluña mide o gran momento dos equipos galegos da ACB

O Obradoiro viaxa a Xirona (sábado, 20:45) e o Breogán visita a pista do Barcelona (domingo, 12:30)

G24.gal 10/02/2023 21:45

Moita xente descansada no Barça e estrema dificultade do Breogán para completar mesmo un número de xogadores en forma para este domingo no Palau.

Ethan Happ case non cheirou os adestramentos, Bamforth esta tocado e as molestias císcanse por toda a plantilla. Malia o que Mrsic, corrixindo o partido de ida non lle resta posibilidades aos seus.

Breogán despachou a Xirona na última xornada cun marcador cómodo que non quita méritos aos rivais de mañá do Obradoiro.

Gasol e Cameron Taylor á parte, o técnico santiagués pon o foco nos satélites veciños, os que orbitan arredor das supernovas xironesas.

Xornada 20 con Breogán e Obradoiro na media táboa e, querendo ou sen querer, apartándose rivais comúns porque xa se sabe: un gran non enche celeiro, pero axuda ao compañeiro.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade