Castrín viviu a toda velocidade: "Fichou no Sevilla, brillou co filial e debutou co primeiro equipo"
Castrín viviu a toda velocidade: "Fichou no Sevilla, brillou co filial e debutou co primeiro equipo"
Tamén logrou o premio que o distinguiu como mellor xogador de febreiro no grupo segundo da Primeira Federación
Estivemos en Lugo con Andrés Castrín. O futbolista de Riotorto viviu a temporada da súa vida. Fichou no Sevilla, brillou co filial e ata debutou co primeiro equipo.
Castrín loce con orgullo o resultado do que foi o seu primeiro ano no Sevilla. Por un lado o premio que o distinguiu como mellor xogador de febreiro no grupo segundo da Primeira Federación liderando unha defensa que estivo 554 minutos imbatida.
Foi nun ano no que Castrín viviu a toda velocidade, ata o punto de estrearse co Sevilla cinco días despois de fichar.
Sen case descanso, o galego xa comezou a súa particular prepretemporada de sufrimento cun reto claro de cara á vindeira campaña.
"Xogar algún partido cos de primeira división sería xenial".
Triunfar no Sevilla convértese para Castrín nun obxectivo de peso.