Publicador de contidos

Publicador de contidos

Case 6.000 pacientes beneficiáronse da unidade móbil de radioloxía

Case 6.000 pacientes beneficiáronse da unidade móbil de radioloxía

Primeiro ano de funcionamento da unidade móbil de radiodiagnóstico

Programa pioneiro para reforzar a Atención Primaria nos centros que non dispoñen do servizo de radioloxía

A unidade opera nos concellos da área de Santiago
G24.gal 15/12/2025 14:02

É unha unidade móbil, dotada do equipamento necesario para realizar radiografías. Busca achegar esta proba diagnóstica aos centros de saúde que carecen dela. Móvense eles para evitar que o fagan os pacientes.

"Paréceme espectacular que non teñamos que desprazarnos".

"O aparcadoiro é incómodo en Santiago e á parte que unha cousa rápida, é unha marabilla isto", opinan dous veciños de Trazo.

A unidade móbil de radiagnóstico forma parte dun programa piloto que polo de agora só está dispoñible nalgúns concellos da área de Santiago para unha poboación de 32.000 veciños.

"Cubrimos os concellos de Ordes e os que están ao redor que serían Mesía, Frades, Trazo, Tordoia e tamén Santa Comba", explica Ángel Pérez, condutor da unidade móbil.

Despois dun ano o balance é de 5.700 pacientes atendidos aos que se lles realizaron 6.200 radiografías. 

"É exactamente igual que nun centro de saúde calquera. Eu fago a radiografía e proceso a imaxe o que necesite e xa a envío e xa sobe inmediatamente á historia do paciente", apunta Inés Ares, técnica de raios X.

Aquí o espazo é reducido pero moi operativo.

"O único que non se pode facer son as columnas totais porque a máquina é especial e despois tampouco se pode facer nada que implique meter unha padiola porque non temos o espazo físico, pero do resto pódese facer todo", continúa.

Este é un paso máis para achegar a asistencia sanitaria á poboación do rural.

"Eu xa sabía que ía funcionar. É que a xente con mobilidade reducida ou a xente maior que non ten a disposición a alguén que os poida levar, sen carné, sabes, entón a xente chega aquí e está contentísima, a verdade", conclúe Inés Ares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade