Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carvalhal terá catro semanas de traballo para mudar a dinámica do Celta

Carvalhal terá catro semanas de traballo para mudar a dinámica do Celta

"Chegamos hai dez días e xogamos tres partidos, pero agora con tempo imos mellorar e animar a Liga e a Copa", asegura o técnico portugués

G24.gal 14/11/2022 21:31

O Celta pasou a súa eliminatoria da Copa ante o Algar con susto inicial. Os de Carvalhal comezaron perdendo, pero lograron remontar. Ata seis goles marcaron os celestes para despexar dúbidas. Larsen, Carles, Galán e Kevin estreáronse como goleadores.

Agora os vigueses tomaron un descanso de dúas semanas e logo comezarán a preparar a volta da Liga. Unha especie de pretemporada en que Carvalhal terá tempo de axeitar o equipo ás súas ideas. Ata o de agora apenas dispuxo de tempo para lle mudar a filosofía porque nos dez días que leva como técnico do Celta tivo que afrontar tres partidos. Un empate e unha derrota na Liga e superou a eliminatoria da Copa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos