Carvalhal: "Non son un meigo, en tres días non podo mudar un equipo"
O portugués debutará á fronte do Celta o sábado diante do Osasuna
"Agardo que a agresividade e a actitude sexa a mesma da etapa anterior"
Con só tres adestramentos, Carlos Carvahal vai debutar este sábado á fronte do Celta. Será en Balaídos e ante Osasuna. A grande incógnita é se o técnico luso vai facer moitas modificacións no seu once. A Carvahal gústalle a actitude do equipo pero faltan os resultados. De inicio, as primeiras impresións do portugués son moi positivas.
Carvalhal asegurou que non é un "meigo, só un adestrador" e que non existen fórmulas máxicas con só tres días de traballo. Agarda que o equipo teña a mesma agresividade e espírito de loita que na época de Coudet. Nesta primeira lista o portugués inclúe seis xogadores do filial que non estarán á disposición de Giráldez para viaxar a Badaxoz.