Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carvalhal fai a primeira avaliación no amigable contra o Boavista (1-1)

Carvalhal fai a primeira avaliación no amigable contra o Boavista (1-1)

Iago Aspas marcou o gol do Celta

G24.gal 07/12/2022 19:36 Última actualización 07/12/2022 19:51

Carvalhal puido facer a primeira avaliación do cadro de xogadores no amigable que xogou o Celta diante do Boavista. Dispuxo un equipo bastante recoñecible con Marchesín, Mingueza, Carlos Domínguez, Unai, Galán, Gabri, Cervi, Tapia, Carles, Aspas e Larsen. 

No descanso cambiou todo o centro do campo con Durán, Óscar, Beltrán e Swedberg e á hora de partido deulle uns minutos a De la Torre e Paciencia. 

O Boavista demostrou estar máis fino no aspecto físico ao non facer unha parada no Mundial, algo que si realizaron os xogadores do Celta. No primeiro tempo os dous equipos gozaron de moitas ocasións e foi cando chegaron os goles. Para o Celta marcou Iago Aspas e empatou para o Boavista Bozenik. 

Na segunda metade houbo menos oportunidades, algo propiciado polos trocos que se realizaron no partido. O Celta agarda facer un segundo amigable diante do Vizela e seguir pulindo as modificacións que quere facer o técnico portugués Carlos Carvalhal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade