Cargando resultados...
Carvalhal: "Era unha final, demos un paso de xigante"
O adestrador quixo agradecer o apoio da afección pola hora do partido e confesou que non foi un bo encontro
"Cando o sufrimento é moito valórase máis o triunfo", dixo o portugués
G24.gal
27/04/2023 07:18
Carlos Carvalhal estaba moi ledo por un triunfo que pode valer unha permanencia. "Demos un paso xigante pero non definitivo", confesou o adestrador portugués.
O de Braga recoñeceu que o Celta non fixo un bo partido, en boa parte porque consideraba o encontro como "unha final, e as finais non se xogan, gáñanse".
"Cando o sufrimento é moito, valórase máis a satisfacción de lograr o gol nos últimos minutos", comentou un Carvalhal consciente de que este resultado vai facer que o Celta non xogue con tanta presión a partir de agora.