Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carreira traballa á marxe do grupo a carón de Denis e Mina

Carreira traballa á marxe do grupo a carón de Denis e Mina

G24.gal 26/07/2022 20:29

O Celta regresou a Afouteza tras a xira americana. Nas imaxes que serve o propio club vese o equipo traballando ás ordes de Eduardo Coudet. A quen non se ve é a Denis Suárez nin a Santi Mina a carón dos seus compañeiros. Porque non están. O club deu orde de que os dous xogadores non participen nos partidiños nin nos exercicios con balón. Segundo lles recoñeceu Juan Carlos Calero, o home de Luis Campos no Celta, a orde vén de arriba.

Ademais dos dous futbolistas sinalados pola directiva, tampouco participou co equipo Sergio Carreira. O da canteira, que estivo na xira americana, quedou fóra do partidiño 11 para 11 que preparou Coudet. Non é a primeira vez que lle pasa. O verán pasado non viaxou á concentración de Marbella. Daquela, foi unha estratexia do club para que Carreira asinase a súa renovación ata o 2025, despois saíu cedido ao Mirandés. O seu compromiso nunca estivo en dúbida. Hai un ano tivo que marchar e agora vólvenlle amosar a porta.

Unha posibilidade que gaña peso é unha segunda cesión de Carreira, desta volta ao fútbol portugués. O Gil Vicente, da Primeira División, que xogará en Europa, amosou interese no xogador galego e podería ser o destino para esta temporada en calidade de cedido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos