Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Saura, Goya de Honra 2023

Carlos Saura, Goya de Honra 2023

O premio entregarase na 37 edición da gala dos Goya, que se celebrará o 11 de febreiro en Sevilla

Carlos Saura (EFEArchivoFrancisco Guasco) Carlos Saura (EFEArchivoFrancisco Guasco)
G24.gal 06/10/2022 10:39

O director aragonés Carlos Saura recibirá o Goya de Honra 2023 por "dar forma á historia do cinema español moderno", anunciou este xoves o presidente da Academia de Cine Fernando Méndez-Leite.

O premio entregarase na 37 edición da gala dos Goya, que se celebrará o 11 de febreiro en Sevilla.

Nunha comparecencia con motivo do Día do Cinema Español, Méndez-Leite tamén anunciou que o próximo ano os propostos se ampliarán de catro a cinco en todas as categorías dos Goya. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade