Carlos Mouriño, presidente de honra dun Celta cun novo consello de administración
Mouriño: "Son moitos anos, moito sentimento, moita satisfacción, moita pena, moitas alegrías"
O Celta inicia unha nova etapa na súa historia da man dun renovado consello de administración, o cal estará presidido por Marián Mouriño, conselleira delegada e presidenta en funcións da entidade celeste. O novo consello de administración está formado por un total de sete integrantes, entre os que destaca a presenza do exgardameta Sergio Álvarez e do xornalista Antón Álvarez, pai do artista Antón Álvarez 'C. Tangana', compositor do Himno do Centenario do Celta.
“O propósito deste novo consello de administración é acompañar ao club na súa fase de transición cara a unha nova etapa, fortalecendo as súas raíces históricas e identitarias, impulsando a súa profesionalización, poñendo ao fútbol no centro, conectando cos afeccionados e velando por preservar unha situación económica saneada”, destaca a entidade.
Celta nomeou tamén presidente de honra a Carlos Mouriño, quen dirixiu o club desde o 2006 ata que esta noite cedeu a testemuña á súa filla Marián na xunta xeral de accionistas celebrada no Salón Rexio da Sede.
"Son moitos anos, moito sentimento, moita satisfacción, moita pena, moitas alegrías".
"É un día moi emocionante, a ver como levo dicirlle adeus a aquelo que sempre quixen".