Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos López segue marcando e o Bergantiños ofrece a mellor versión

Carlos López segue marcando e o Bergantiños ofrece a mellor versión

Dous goles (xa leva oito na liga) e unha asistencia do dianteiro aresán

G24.gal 06/11/2022 18:22

Tardou dez xornadas, pero por fin apareceu a mellor versión do Bergantiños. Gañou por 0-4 en Castañares ao Burgos Promesas amosando unha superioridade total. 

Dentro do bo nivel de todo o equipo destacou Carlos López. O dianteiro marcou os dous primeiros goles (xa leva oito na temporada) e asistiu a Álex Boedo para que fixera o terceiro. Todo en menos de dez minutos, entre o 19 e o 27 do período inicial. 

Na segunda metade completou o resultado Marcos Remeseiro. Foi a xornada dos Remeseiro porque o seu curmán Jason marcou un dos goles da xornada na Segunda División. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar