Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Carvalhal: "Non me interesa o balón, interésame gañar"

Carlos Carvalhal: "Non me interesa o balón, interésame gañar"

Confirmou que tanto Gabri Veiga como Iago Aspas están "moito mellor, ao 100 %"

G24.gal 10/03/2023 14:18 Última actualización 10/03/2023 14:26

O adestrador do Celta, Carlos Carvalhal, prevé un partido moi igualado fronte ao Raio Vallecano no que espera que o apoio da afección poida ser diferenza. Nese sentido, animou en primeiro lugar ao celtismo para estar ás 18.20 para participar na homenaxe a Hugo Mallo e, logo, para impulsar o equipo:

"Necesitámolos para gañar. Que nos dean o seu apoio con todas as súas forzas. Contamos con eles e imos facer o noso traballo desde o primeiro minuto ata o último", sinalou.

Confirmou que tanto Gabri Veiga como Iago Aspas están "moito mellor, ao 100 % para mañá" tras comentar no pospartido do Osasuna que tiveran problemas físicos. Dixo que Aspas é  probablemente é o mellor futbolista ao que adestrou: 

"A súa dimensión é como xogador e como persoa. O da semana pasada foi o seu problema de costas crónico. Esta semana vai estar mellor e teremos a un Iago que pode marcar a diferenza".

Tampouco quere deterse en cantos puntos poderán chegar a facer falta para manter a categoría:  

"Non miro os puntos, só o próximo partido. A miña idea é sempre gañar o próximo, é o máximo que podo facer"

 

Sobre a posesión do balón no partido

"Non me interesa o balón, interésame gañar. Doulle o balón a todos os equipos se gañamos nós"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar