Cargando resultados...
Carlos Alcaraz disputa hoxe a final do ATP 500 de Tokyo
O norte americano Taylor Fritz será o rival do murciano na ronda final
Fritz vén de derrotar a Alcaraz hai 8 días na Copa Laver
G24.gal
29/09/2025 22:37
Carlos Alcaraz disputará hoxe pola mañá (hora galega) a final do ATP 500 de Tokyo. Tras sufrir máis do previsto ante o dinamarqués Casper Ruud en semifinais, o murciano buscará o desquite ante o tenista norte americano Taylor Fritz que o derrotou cunha sorprendente comodidade a semana pasada na Copa Laver disputada nos Estados Unidos.
De gañar, sería o oitavo título da temporada para o tenista español que aspira neste treito final de ano a disputarlle o número 1 do mundo ao italiano Jannik Sinner.