Cargando resultados...
Caramuxo Teatro celebra 20 anos con 'Crisálida'
Caramuxo Teatro celebra 20 anos na escena estreando 'Crisálida', obra número 25 na súa traxectoria
'Crisálida' é unha montaxe muda de teatro de máscaras e monicreques dirixida a público familiar
Juan Rodríguez e Laura Sarasola, membros da compañía Caramuxo Teatro
G24.gal
25/03/2023 11:30
Última actualización 22/03/2023 17:55
Unha vella mercería de toda a vida é o lugar en que se ambienta a nova obra familiar de Caramuxo Teatro. 'Crisálida' existe. Está na Coruña. Ten incontables anos e nela desenvolveuse a historia de dous irmáns Nieves e Fernando, que non sabían o que era a xubilación. A Crisálida era outro tempo, outro ritmo, botóns, fíos, cremalleiras, medias… Entramos na Crisálida de Caramuxo Teatro.