Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cara a cara entre o Goberno e a complexa realidade parlamentaria

Cara a cara entre o Goberno e a complexa realidade parlamentaria

A próxima semana, debate á totalidade da lei de amnistía 

O PNV recoméndalle ao Goberno que non "intente levar ao Congreso medidas ómnibus"

Pedro Sánchez necesita de todos os grupos que apoiaron a investidura en todas as votacións
G24.gal 02/01/2024 14:03

Pedro Sánchez fai plans a catro anos, pero o reto será maiúsculo. Necesita de todos os partidos da investidura todo o tempo. Sen marxe de ningún tipo. Cada negociación será a vida ou morte. A lei de amnistía, os orzamentos ou o decreto anticrise serán as primeiras probas. Podemos ou Junts xa puxeron os primeiros problemas para darlles o si ás medidas económicas. 

O PNV pídelle ao executivo que evite os decretos ómnibus, aqueles onde adoitan incluír medidas de todo tipo. E aconséllao ser "realista porque, do contrario, xa sabemos o que hai", di Koldo Mediavilla, o responsable institucional dos nacionalistas vascos. 

O non de Vox é seguro. O do PP previsible, pero están abertos a falar, pero no teñen moitas esperanzas porque "se quixesen chegar a algún acordo con nós, xa nos chamarían", asegura a secretaria xeral do Partido Popular, Cuca Gamarra. 

A outra pedra de toque é a lei de amnistía. Este mércores remata o prazo para presentar as emendas á totalidade. O mércores da próxima semana debateranse. O PSOE non contempla sobresaltos. "Negociaremos con quen faga falla", avanza o voceiro dos socialistas no Congreso, Patxi López, que insiste en que esta lei só persegue "recuperar a concordia neste país". 

A negociación dos orzamentos está en marcha, e como o decreto anticrise será complicado obter cada si.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade