Cándido Carrerá seguirá a carón de Dani Sordo unha temporada máis

O copiloto de Salvaterra de Miño amplía a vinculación con Hyundai

G24.gal 07/12/2023 12:38 Última actualización 07/12/2023 12:39

Cándido Carrerá seguirá a carón de Dani Sordo no mundial de rallys. O copiloto de Salvaterra de Miño amplía a vinculación con Hyundai.

Sordo e Carrera estiveron no podio de varias citas desta temporada. Remataron no oitavo posto.

Cándido foi campión do mundo júnior en 2012, campión de España de rallyes de terra e vencedor da Peugeot 208 Rally Cup sempre con José Antonio Suárez como piloto. 

É un dos copilotos españois con máis participacións, máis de 250, en probas nacionais e internacionais, con diferentes pilotos e vehículos.

A lista de pilotos cos que competiu é longa: Dani Sordo, José Antonio Suárez, Pepe López, Óscar Garre, Julio Borja, Daniel Alonso, Óscar Freire, Iván Raña, Álvaro Muñiz, Pablo Pazó, Melchor Caminal, Roberto Reiriz, Diego Cabanela, Amalia Vinyes, Delbin García, Luis Vilariño ou Andrés Manzano, entre outros.

Conseguiu cinco podios no campionato do mundo sendo o quinto copiloto español que o logrou tras Luis Moya, Marc Martí, Carlos do Barrio e Diego Vallejo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos