Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Local do Carballiño inicia unha campaña para evitar aparcamentos no sentido contrario á circulación

A Policía Local do Carballiño inicia unha campaña para evitar aparcamentos no sentido contrario á circulación

Advirten de que se trata dunha práctica perigosa que aumenta o risco de accidentes

Polo de agora tan só é unha campaña informativa, pero avisan de que comezarán a sancionar esta conduta nos vindeiros días

G24.gal 20/03/2026 14:26

Son imaxes habituais nas rúas do Carballiño: coches aparcados no sentido contrario á circulación. Tanto, que a Policía Local decidiu tomar cartas no asunto, deixando estes avisos nos vehículos.

Este venres os axentes nun percorrido rutineiro pola vila non tiveron difícil atopar infractores, sobre todo nas rúas máis céntricas. A veciñanza en xeral di entender a medida, aínda que moitos descoñecían a campaña.

"Máis ou menos levamos con esta campaña unha semana, sobre douscentos vehículos levámoslle posto o papeliño", apunta Adrián Caíña, axente da Policía Local do Carballiño.

De feito, a infracción supón unha multa que pode ser máis cuantiosa do agardado.

"É unha infracción leve, de cen euros, pero se os axentes da Policía Local observan a manobra pode ser considerada unha infracción moi grave que pode supoñer cincocentos euros e a retirada de seis puntos do carné de conducir", explica Oscar Miranda, xefe da Policía Local do Carballiño.

Polo de agora a policía limítase a informar os condutores, pero advirten de que nos próximos días estacionar deste xeito suporá a súa correspondente multa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos