Publicador de contidos

Publicador de contidos

Calviño anuncia unha nova interconexión eléctrica entre Francia e España

Calviño anuncia unha nova interconexión eléctrica entre Francia e España

A conexión melloraría as conexións da península con Europa e estaría financiada polo Banco Europeo de Inversións

É unha solución contra casos coma o do apagamento vivido o pasado abril

Nadia Calviño (Europa Press/Alberto Ortega) Nadia Calviño (Europa Press/Alberto Ortega)
G24.gal 11/06/2025 10:49

A presidenta do Banco Europeo de Inversións (BEI), Nadia Calviño, comunicou a intención desa institución de anunciar un acordo que financie unha interconexión eléctrica entre Francia e España. Ela prevé que o anuncio se dea nos próximos días.

"Supón que a Península Ibérica deixe de ser unha illa enerxética", sinalou Calviño nunha conversa pública co presidente da Axencia EFE, Miguel Ángel Oliver. 

A presidenta do BEI relacionou esta idea co apagamento que se sufriu en España este pasado mes de abril. Segundo Calviño, esta idea "propúxose dende hai décadas".

A exministra de Economía enmarcou esta inversión para reforzar a integración do sistema eléctrico da UE nas prioridades do BEI. Tamén dixo que quere consolidar como "banco do clima" esta institución, pois para ela trátase dunha cuestión de seguridade e autonomía estratéxica. 

Calviño engadiu que "non podemos seguir dependendo dos produtores de combustibles fósiles", lembrando que o BEI financia o 40 % das infraestruturas enerxéticas de Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade