Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cabo e Chapela repiten título no Campionato de España de traiñeiriñas

Cabo e Chapela repiten título no Campionato de España de traiñeiriñas

Aproveitaron a ausencia dos equipos vascos en categoría absoluta para lograr a vitoria, ao igual que fixeran no Galego

G24.gal 29/05/2022 14:10

As traiñeiriñas de Cabo (categoría masculina) e Chapela (na feminina) lograron o título de campións de España en Bueu. Unha competición marcada pola ausencia dos equipos vascos entre os absolutos e que lle permitiu aos campións galegos repetir triunfo no estatal unha semana despois. 

Entre os homes Cabo e Samertolameu repetiron o duelo con triunfo para os de Boiro por unha marxe moi estreita. Bueu rematou na terceira posición.

Na categoría feminina vitoria máis desafogada para Chapela, por diante de Ares e Cabo da Cruz. 

Onde sí viñeron equipos de Euskadi foi na categoría xuvenil. Na masculina gañou Santurtzi que se impuxo a Cabo e Samertolameu. Na feminina vitoria clara de Isuntza sacándolle tempo a Kaiku e a Ribeira, primeiro equipo galego. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade