Cargando resultados...
A ACT estima a reclamación de Cabo respecto á regata de Orio
A traiñeira galega fora descualificada logo de chocar con Ares
G24.gal
23/07/2022 19:39
Despois de analizárense as alegacións das dúas traiñeiras descalificadas na quinta xornada da Liga ACT , a Bandeira de Orio, o Xuíz de Competición acepta a presentada por CR Cabo da Cruz, mentres mantén a decisión dos xuíces con respecto a CR Ares. Así, cun tempo de 20:54, CR Cabo da Cruz clasificaríase na oitava posición, retrasando nun posto a Ondarroa Cikautxo (4 puntos), Getaria Arraun Elkartea (3 puntos) e Itsasoko Ama-Sotera (2 puntos).
Así pois, na xeral Cabo da Cruz sitúase no décimo posto, e polo tanto, posto de salvación con tres puntos de vantaxe sobre Ondarroa e seis sobre Ares.