Publicador de contidos

Publicador de contidos

Caballero acusa a Louzán de querer tratar como parvos os vigueses

Caballero acusa a Louzán de querer tratar como parvos os vigueses

"Di que non tivo nada que ver e foi el quen anunciou que Vigo non entraba", expuxo o alcalde da cidade

G24.gal 31/03/2025 15:20 Última actualización 31/03/2025 15:32

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, enviou un audio aos medios de comunicación no que afea a Rafael Louzán insultar á cidade.

“Cando non fala, a situación é moi mala para a Federación Española. Pero cando o fai, como hoxe, aínda empeora. Fala de política populista. Está a insultar a esta cidade. Está a insultar a unha cidade que nos dá un apoio para ter o 70 % dos concelleiros, un resultado único en europa. E estalle dicindo á cidade, a todos os vigueses, que son parvos. Está a dicir iso. Non llo tolero”, apuntou o rexedor.

Caballero tamén criticou que o presidente da Federación eluda responsabilidades no proceso de selección de sedes.

“Di que non ten nada que ver coas cualificacións e con todo o proceso. E por que foi o señor Louzán o que anunciou desde Riazor, 14 días antes de que recibieramos a notificación oficial da Federación, que Vigo estaba fóra? Foi el o que o anunciou”, reiterou.

Ademais, o alcalde apuntou que todas as acusacións vertidas por el nos últimos días están apoiadas polas informacións publicadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade