Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas creará en seis meses dous grupos de traballo para reformar a Primaria

O Sergas creará en seis meses dous grupos de traballo para reformar a Primaria

O conselleiro pide non converter esta cuestión nun campo de "confrontación partidista" e afirma: "Negociaremos ata onde sexa preciso para garantir a asistencia sanitaria ante o déficit de profesionais"

O Parlamento avala a Dolores Fernández Galiño para exercer como Valedora cinco anos máis 

O Consello de Ministros aproba priorizar a xestión pública da sanidade fronte á privada

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, este martes no Parlamento (EFE/Lavandeira jr) O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, este martes no Parlamento (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 10/02/2026 08:45

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, comprométese a acometer "unha reforma en profundidade da Atención Primaria".

Nunha comparecencia no pleno do Parlamento a petición propia para informar sobre a situación deste nivel asistencial, Caamaño avanzou que a Xunta comprométese a crear "nun prazo de seis meses" dous grupos de traballo; un de recursos humanos e outro no ámbito asistencial que traballará para adaptar os tempos de consulta para que sexa "máis humanizada e de calidade".

A proposta será presentada este martes aos sindicatos na reunión da mesa sectorial de sanidade, en liña co pactado en novembro pasado cos representantes dos traballadores para desconvocar a folga sanitaria.

O conselleiro comprométese a "negociar todas as medidas ata onde sexa preciso para garantir a asistencia sanitaria ante o déficit de profesionais". Pero pide "xenerosidade" e actuar "con sensatez" apela á "responsabilidade colectiva". Insiste en que "calquera decisión que afecte a nivel asistencial debe facerse con prudencia e pensando no interese xeral".

Caamaño insiste en que a Xunta "ten escasa marxe de actuación" porque o problema é a falta de médicos de familia, un déficit que se dá en toda España".

Acusa o Goberno central de "poñerse de perfil" e denuncia que as medidas acordadas entre o Goberno e as comunidades autónomas para facer fronte ao envellecemento dos profesionais quedaron "en papel mollado" coa chegada de Sánchez a Moncloa".

Caamaño sinala que, desde 2018, pasaron seis ministros polo departamento e a actual responsable é, ao seu xuízo, a persoa "que máis conflitos xerou en España".

A xuízo do conselleiro, "non é aceptable que as autonomías teñamos que competir entre nós por médicos dispoñibles", e recalca: "Non podemos seguir co sistema nacional de saúde en pé de guerra por culpa do Goberno de España".

Dolores Fernández Galiño recunca como Valedora

A intervención do responsable do Sergas prodúcese nun pleno que arrincou coa elección de Dolores Fernández Galiño como Valedora do Pobo. O Parlamento deu continuidade durante cinco anos máis ao mandato de Galiño despois de que o BNG apoiara a proposta realizada polo PP. A súa candidatura logrou 61 votos a favor, moi por riba dos 45 votos requiridos para saír adiante. O PSdeG optou por absterse.

Fernández Galiño (O Carballiño, Ourense, 1963) foi elixida por primeira vez en agosto de 2019 e o seu mandato expirou en agosto de 2024.

Ademais de xuíza, aprobou as oposicións á carreira fiscal, aínda que leva en excedencia desde o seu ingreso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade