Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas quere obrigar a Uber e Airbnb a recadar o IVE

Bruxelas quere obrigar a Uber e Airbnb a recadar o IVE

O executivo comunitario pretende facer aflorar ata 18.000 millóns de euros ao ano

É unha proposta da Comisión Europa para poñerlle coto á fraude É unha proposta da Comisión Europa para poñerlle coto á fraude
G24.gal 09/12/2022 08:45

A Comisión Europea presenta algunhas das medidas para adaptar o IVE á era dixital. Unha das propostas é obrigar as plataformas de aloxamentos turísticos coma Aibnb ou de transporte de pasaxeiros coma Uber a recadar o imposto do IVE e remitilo ás autoridades tributarias cando os provedores do servizo, é dicir, os donos dos pisos ou os condutores, non o fagan.

O executivo comunitario pretende deste xeito facer aflorar ata 18.000 millóns de euros ao ano na vindeira década, 6.600 deles con esta medida que afecta a estas plataformas. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade