Publicador de contidos

Publicador de contidos

Breogán e Obradoiro queren aproveitar a boa dinámica para achegarse á salvación

Breogán e Obradoiro queren aproveitar a boa dinámica para achegarse á salvación

O Breogán visita un Betis en horas baixas

Á mesma hora (18:00  h), o Obradoiro recibe o Joventut

G24.gal 17/12/2022 13:46

Logo da ilusión, chegan os deberes. Logo de que o Barcelona se lles escapase vivo aos breoganistas, o calendario devolve outra realidade, a da loita pola permanencia. Agarda un Betis con só dous triunfos, pero con argumentos como para facer un roto. O que máis o do máximo anotador da liga, Shannon Evans, último MVP da xornada. Os verdes e brancos perderon 7 dos últimos 8 partidos pero peor aínda estaban o ano pasado.

Para Veljko Mrsic, o seu rival "fixo un treito final da temporada pasada espectacular. Teñen un grandísimo adestrador". Pola súa banda, Luis Casimiro destaca que o Breogán "é un equipo moi sólido, e dos mellores equipos no rebote ofensivo."

O Obradoiro-Joventut que se vai vivir esta tarde fala de canastras no último segundo. Para lembrar a de Thomas Scrubb na liga pasada. Ou, máis acó, a dun exobradoirista, Henry Ellenson, para darlle a vitoria á Penya esta semana na Eurocup. Na liga gañou 6 dos últimos 7, a pasada semana ao líder Tenerife. Será a primeira cita tralo varapau da grave lesión de Bender, atenuada pola recuperación de Leo Westermann.

Guillem Vives cre que "se non entendemos o difícil que é gañar no campo do Obradoiro non temos nada que facer. Sen mentalidade e enerxía será difícil" Para Moncho Fernández, o Joventut "é un equipo moi bo polos puntos que fai, e son dos mellores da liga no rebote de ataque."

Os dous galegos xogan ás seis buscando precisamente que sexan seis as vitorias na súa conta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos