Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bóveda estrea un novo miradoiro

Bóveda estrea un novo miradoiro

Está situado no Alto do Coto a uns 650 metros de altitude.

Permite divisar o territorio de 17 municipios.

G24.gal 24/02/2022 20:59

Enclavado nun monte a uns 650 metros de altura este punto de observación da paisaxe construído en Bóveda levántanos do chan e permite divisar, a vista de paxaro, unha espectacular extensión de terreo. Está situado no Alto do Coto, un dos promontoiro da Serra de Penas. Levántase uns dez metros sobre o chan e as vistas dende a parte máis alta permiten divisar 17 municipios.

Con este son máis de 70 os miradoiros cos que conta Ribeira Sacra pero a súa estrutura, que recorda a unha catapulta, faino diferente e especial.

En poucos días atrae xa numeroso público, especialmente durante as fins de semana, e moi preto a zona conta con outro fermoso miradoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos