Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bos resultados do Paxlovid, o medicamento contra a covid, entre os pacientes galegos

Bos resultados do Paxlovid, o medicamento contra a covid, entre os pacientes galegos

Adminístrase en pacientes con risco alto de empeorar

Medicamento oral durante cinco días

G24.gal 02/05/2022 14:46

O Paxlovid, o primeiro medicamento contra o coronavirus estase a aplicar con éxito entre pacientes das diversas áreas sanitarias galegas. Este novo tratamento consiste en tomar unha pastilla cada doce horas durante cinco días e os destinatarios son, polo momento, pacientes leves pero con risco de progresar a unha covid grave.

Rafael Monte, director da área asistencial de Lugo: "Está indicado en pacientes que teñen un risco especial de ter complicacións derivadas da infección como son persoas non vacinadas ou persoas cun sistema inmunolóxico comprometido. É un tratamento oral que se utiliza durante cinco días. O que sabemos polo momento é que é bastante ben tolerado e na experiencia que temos aquí no hospital, nos pacientes aos que llo subministramos, non ingresou ningún por culpa da infección relacionada coa covid".

Este antiviral de Pfizer ten algunhas interaccións polo que é preciso un informe médico e un estudo da función renal dos pacientes para adaptar as doses. Os encargados da súa prescrición son os médicos de atención primaria ou hospitalaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade