Cargando resultados...
Borja Jiménez di que o Deportivo ten a obriga de gañar cada sete días
O Deportivo afronta este domingo a súa primeira saída da tempada coa visita ao Mérida
Foto @RCDeportivo
G24.gal
08/09/2022 13:28
Última actualización 08/09/2022 13:34
O Deportivo afronta este domingo a súa primeira saída da tempada coa visita ao A. D. Mérida, un dos equipos ascendidos de Segunda Federación.
Tras unha estrea vitoriosa en Riazor, Borja Jiménez quere marcar o ton a domicilio desde xa:
"Creo que a semana pasada non gañou ninguén fóra. Iso quere dicir o igualado que vai ser. Imos a unha cidade con calor, a unha hora complicada… pero noso ADN lévanos a ter que gañar cada sete días, xoguemos fóra ou na casa. Sabemos que non é o mesmo xogar con 15.000 afeccionados que te apoian que sen eles. Temos que tentar sumar moitos puntos fóra, fixemos fincapé niso no vestiario".