Cargando resultados...
Borja Jiménez asina facer a mesma puntuación que a temporada pasada
Confirma que agardaron ata o final por Lucas Pérez
Foto @RCDeportivo
G24.gal
02/09/2022 18:13
Última actualización 02/09/2022 18:43
O Deportivo comeza a liga da 1.ª Federación ante o Linense. Borja Jiménez está satisfeito co cadro configurado:
"Ata o último momento esperamos a Lucas, e cando o vemos afastado activamos outras opcións. Para o posto de arriba imos ir con Gorka, Kuki e Max Svensson".
Cre que esta temporada vai ser máis difícil que a temporada pasada:
"Asino facer a mesma puntuación nas primeiras xornadas. O grupo multiplicou a súa dificultade por mil. Espéranos un ano máis difícil, pero imos tentar empezar ben".