Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Jiménez seguirá á fronte do Deportivo

Borja Jiménez seguirá á fronte do Deportivo

O adestrador cumprirá o ano que lle quedaba de contrato

Gorka Santamaría, dianteiro do Badaxoz, podería ser a primeira fichaxe

G24.gal 17/06/2022 20:04

Borja Jiménez continuará á fronte do Deportivo a vindeira temporada cumprindo o ano que lle quedaba de contrato. Logo da eliminación diante do Albacete houbo debate interno sobre a figura do adestrador pero haberá liña continuísta no proxecto do Deportivo para a temporada 22-23. A partir da renovación do técnico comezará a traballar a dirección deportivo na confección do cadro de xogadores.

Gorka Santamaría, o dianteiro elixido para o Deportivo

A primeira fichaxe estaría moi preto de concretarse. O dianteiro do Badaxoz Gorka Santamaría (15 goles esta temporada) aceptou a oferta do conxunto deportivista para converterse nun dos referentes ofensivos do equipo. Santamaría, de 26 anos, formado no Athlétic, é un referente ofensivo na categoría onde destacou con dobres figuras goleadoras tanto no filial bilbaíno, no Spórting B e nos últimos anos no cadro pacense. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar