Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias denuncia insultos homófobos: “Que raro, se isto no fútbol non pasa nunca”

Borja Iglesias denuncia insultos homófobos: “Que raro, se isto no fútbol non pasa nunca”

Tras a derrota do Celta ante o Barcelona, nun partido no que asinou os tres tantos celestes, Borja Iglesias xa alzou a voz contra os insultos ofensivos que recibe a través das redes sociais

Foto Celta Foto Celta
G24.gal 13/01/2026 16:32 Última actualización 13/01/2026 16:38

O dianteiro do Celta Borja Iglesias respondeu este martes con ironía aos insultos homófobos que recibiu onte á noite á conclusión do encontro que disputaron o Sevilla e o seu equipo no Sánchez Pizjuán.

“Que raro, se isto no fútbol non pasa nunca”, respondeu o dianteiro celeste a un vídeo no que se escoita a afeccionados sevillistas gritarlle: “A ver se morres, maricón de merda”, “Lercha, vaite para a túa casa” ou “Pinta as uñas”.

O pasado mes de abril, tras a derrota do Celta ante o F. C. Barcelona (4-3), nun partido no que asinou os tres tantos celestes, Borja Iglesias xa alzou a voz contra os insultos ofensivos que recibe a través das redes sociais.

“Seguimos convivindo nunha sociedade na que o respecto aos demais sigue sendo algo que está moi lonxe. Non sorprende que haxa insultos racistas e homófobos nos campos de fútbol”, expuxo o atacante santiagués.

“Día histórico, Borja Iglesias convértese no primeiro homosexual en anotar un hat-trick ao Barcelona. Exemplo de superación”, foi outro das mensaxes que lle deixaron ao máximo goleador celeste tras a súa actuación en Montjuic.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade