Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias afina a puntería antes de visitar o Celta

Borja Iglesias afina a puntería antes de visitar o Celta

Fekir foi expulsado na vitoria do Betis contra o Athletic e non poderá xogar en Balaídos

G24.gal 13/03/2022 19:34

O Betis, grazas a un gol do santiagués Borja Iglesias na primeira metade, gañoulle 1-0 ao Athletic. Con este triunfo o cadro andaluz segue instalado nos postos europeos.

E o que quere dar un esprinte final para estar nesa situación na táboa é o Celta. Os de Coudet reciben precisamente os verdibrancos a vindeira xornada en Balaídos. Fekir, que foi expulsado nunha acción por cartón vermello directo, non poderá xogar ante os vigueses.

Onte o Celta perdeu contra o Vilarreal polo solitario tanto de Dani Parejo nun partido en que os vigueses tiveron opcións dabondo para rabuñar, como mínimo, un empate da Cerámica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos